Prezadas familias!!!

 

Acabamos de recibir unha mensaxe nin máis nin menos que das Maxestades de Oriente!! Os Reis Magos convídannos a acompañalos o día 5 de xaneiro na cabalgata oficial do Concello de Lugo. Así que, como non pode ser de outra forma, ímonos preparar para aproveitar esta oportunidade como se merece:

 

Cada familia interesada en participar na Cabalgata deberá enviarnos un correo para inscribirse e poder ir organizando as diferentes actividades previas. Elaboraremos un difraz para poder participar na cabalgata, así que prepararemos uns obradoiros en xornadas previas ao gran día, para confeccionar cos nenos e nenas dito disfraz. A asociación correrá cos gastos de materiais tendo que aportar as familias unicamente a bufanda, o gorro e as luvas vermellas.

 

As familias interesadas en participar debedes ter en conta que, acompañaremos aos Reis de Oriente a pé e que os nenos/as deberá ir acompañado por un adulto.

 

Temos unha misión única e importantísimas nas nosas mans!!!

 

Non perdades a oportunidade e animádevos a participar e a recibir os Reis Magos como se merecen!!!!

 

  

Para que Medrando en Lugo poda funcionar dun xeito operativo e responda a intereses e necesidades da mayoría dos socios é imprescindible que acudades a asamblea a aportar as vosas ideas. O momento e o lugar para opinar e construir un MEL que sexa de tódolos socios e socias é o  21 de setembro as 10:00 horas na Casa da Xuventude de Lugo.